MERCADOS

Cuarta edición da campaña "Quere o teu mercado"

16/05/2019 A concelleira de Mercados, Noa Morales, participou este xoves na Praza de Abastos na presentación dunha nova edición da campaña "Quere o teu mercado". Na rolda tamén estiveron a xerenta do Mercado de Abastos, Marta Rey, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez.

"A Praza de Abastos forma parte da idiosincrasia da nosa cidade e, ademais de ser o segundo lugar máis visitado de Compostela, é o lugar onde fan as súa a compras miles de composteláns e compostelás cada día", lembrou Noa Morales no acto de presentación de "Quere o teu mercado", lema galego da Campaña Internacional dos Mercados. Por cuarto ano consecutivo e durante a segunda quincena do mes de maio, organizaranse actividades en máis de 90 mercados de Galicia, distribuidos por todo o territorio, incentivando así a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio.

Compartir: