ALCALDÍA

Centos de rapaces e rapazas percorreron a zona monumental noutra edición do Correlingua

06/05/2019 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu na praza da Quintana ao peche do Correlingua 2019. Participaron 1.700 alumnos e alumnas de 20 centros escolares, que percorreron as rúas do casco histórico cantando lemas en defensa do galego.

"O galego é a fórmula" é o lema desta edición, cuxa festa final en Compostela contou con actuacións, un concurso de animación e a lectura do manifesto deste ano.

Compartir: