EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Escola Municipal de Música ofrece este sábado un concerto para a veciñanza na Finca Vista Alegre

29/04/2019 O sábado 4 de maio, ás 12:00 horas, a Finca de Vista Alegre acollerá un concerto para a veciñanza organizado pola Escola Municipal de Mú-sica. Esta actuación ten por finalidade dar a coñecer o traballo desenvolvi-do polas diferentes agrupacións da EMM.

No concerto participarán máis de 100 alumnos e alumnas, acompañados do profesorado da EMM e das súas familias. A actuación terá lugar no interior do parque de Vista Alegre, diante do edificio da EMM. En caso de choiva trasladarase ao interior do centro.

Intervirán a Banda Infantil, a Banda, a Agrupación de Música Tradicional e máis o Combo de Música Moderna. No concerto escoitaranse dende obras da música galega, música de bandas sonoras e obras orixinais para banda sinfónica ata algún tema pop e jazz.

A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela conta cunha ma-trícula de 430 alumnos e alumnas a partir dos 3 anos; 21 profesores e pro-fesoras que imparten 21 especialidades instrumentais entre as que pode-mos salientar: 43 alumnos/as de violín, 36 alumnos/as de piano, 21 alum-nos/as de clarinete, 20 alumnos/as de percusión, 15 de saxofón ou 21 che-lo, por citar algúns dos instrumentos de maior demanda. Así mesmo, conta con agrupacións musicais onde se integra o alumnado da Escola: Orques-tra de Corda, Orquestra de Iniciación para os máis pequenos, Banda e Banda de Iniciación, Agrupación Tradicional, Agrupación de Música Moder-na, Coro Infantil e Coro Xuvenil e de Adultos.

Documentos relacionados



Compartir: