EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Continúan as actividades do Programa de Conciliación de Semana Santa

17/04/2019 O CEIP Raíña Fabiola e o CEIP Monte dos Postes seguen acollendo as actividades do Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa, no que participan case 80 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

Na xornada do martes, os rapaces e rapazas do CEIP Raíña Fabiola realizaron xogos no parque e nas pistas do cole, ademais de participar nun obradoiro de escultura, no que fabricaron a súa propia pasta para moldear e deixar voar a súa imaxinación.

Tamén houbo un obradoiro de escultura no CEIP Monte dos Postes, onde os nenos e nenas remataron a mañá con diversos xogos.

Compartir: