CONVIVENCIA

Reorganización do tráfico na avenida de Lugo para facilitar o tránsito cara o paso inferior do Hórreo

01/04/2019 A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia vén de modificar a sinalización horizontal na avenida de Lugo, co obxectivo de permitir que os vehículos procedentes da rúa de Bernardo Barreiro se incorporen ao túnel do Hórreo. O repintando levouse a cabo de cordo co Ministerio de Fomento, titular do viario.

Este repintado dun tramo da avenida de Lugo serviu para sinalizar con liña discontinua o carril que vai dende a rúa de Bernardo Barreiro ata o túnel do Hórreo. Deste xeito, preténdese facilitar que os vehículos utilicen este túnel, e descargar de tráfico a rotonda da Galuresa. Ao mesmo tempo sinalizouse tamén con liña discontinua a saída do túnel cara a rotonda de Sar, para permitir a incorporación á glorieta que ata o de agora estaba prohibida.

Os cambios acompañáronse dun reforzo da sinalización dos límites de velocidade, para garantir que as manobras de incorporación se realicen nas mellores condicións de seguridade.

Compartir: