CONVIVENCIA

A Policía Local realiza controis de velocidade durante esta semana

01/04/2019 A Policía Local de Santiago volve sumarse á campaña especial sobre vixilancia e control de velocidade da DXT. Haberá controis nas principais vías urbanas entre o 1 e o 7 de abril.

A velocidade ten unha influencia directa na causalidade e na severidade dos accidentes de tráfico. Con velocidades de condución máis altas, o número de sinistros e a súa gravidade aumentan desproporcionadamente. Así, levar unha velocidade adecuada podería evitar practicamente unha cuarta parte dos mortos en accidente de tráfico.

A incidencia da velocidade é especialmente alta no caso dos atropelos, xa que a partir de 80 km/h é prácticamente imposible que un peón se salve nun atropelo. A unha velocidade de 30 quilómetros por hora, o risco de morte do peatón redúcese ao 10%.

A velocidade tamén inflúe na distancia de detención, que será a suma da distancia de reacción e a distancia de freado. Estará en función da velocidade, do tempo de reacción do condutor, das condicións técnicas do vehículo e do estado do firme da calzada. Por termo medio, a 120 quilómetros por hora necesitamos para deternos unha distancia superior a un campo de fútbol.

O exceso de velocidade, apunta a Dirección Xeral de Tráfico, tamén ten unha influencia negativa sobre o medio ambiente, a calidade de vida e o consumo de combustible.

Compartir: