MEDIO AMBIENTE

O Concello de Santiago súmase á Hora do Planeta

29/03/2019 O Concello de Santiago sumarase este sábado, 30 de marzo á celebración da Hora do Planeta, unha campaña de WWF concibida como un xesto simbólico de sensibilización global contra o cambio climático. Así, entre as 20:30 e as 21:30 horas, quedarán a escuras as prazas do Obradoiro, Cervantes e Praterías.

A campaña comezou en 2007 en Australia, e a día de hoxe xa está convertida na maior iniciativa de mobilización ambiental, na que millóns de persoas piden a implicación do conxunto da sociedade contra o cambio climático. Para iso, particulares e institucións están chamadas a apagar as súas luces mañá sábado.

Compartir: