ALCALDÍA

A Casa Real confirma que o Real Padroado convocará unha reunión este ano

28/03/2019 A Casa Real vén de confirmar que o Real Padroado celebrará unha xuntanza en 2019. Foi nunha carta dirixida ao alcalde, Martiño Noriega, na que se sinala que a data da reunión será fixada despois das eleccións municipais de maio.

O alcalde, na súa calidade de presidente do Consorcio, tiña solicitada a reunión do Real Padroado na xuntanza que mantivo co rei Felipe VI en marzo de 2017. Nesa audiencia, Martiño Noriega presentáralle ao xefe do Estado un plan plurianual de investimentos, que contemplaba distintas accións orzadas en máis de 240 millóns de euros ata 2027.

A última reunión do Real Padroado celebrouse en 2003, e nela aprobárase o plan de investimentos 2004-2014, dotado con 200 millóns de euros, pero que non se chegou a executar na súa totalidade por mor da crise económica.

Compartir: