DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Marta Lois participa en Barcelona no encontro REDEL

28/03/2019 A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, participa en Barcelona no encontro da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, REDEL, que se celebra hoxe venres e mañá sábado, coa participación de preto de 50 profesionais e responsables políticos do desenvolvemento local de máis de 20 cidades e rexións de España.

Na xornada deste venres, as cidades participantes teñen a oportunidade de coñecer o modelo de intervención en desenvolvemento local de Barcelona Activa, así como o estudio comparativo internacional sobre sete cidades que presentará Oriol Homs. Durante a tarde realizarase unha visita guiada polo Barrio 22@.

Durante a Asemblea está prevista a aprobación da incorporación á Rede da Axencia de Desenvolvemento Económico da Área Metropolitana de Barcelona e de Nasuvinsa (empresa pública do Goberno de Navarra) co que a rede estará formada por 24 entidades.

Ademais, informarase sobre o grao de avance dos tres grupos de traballo en marcha actualmente sobre industrias culturais e creativas, economía social e comercio.

Preveuse igualmente reservar un espazo para reflexionar sobre a innovación en políticas de desenvolvemento local, en especial nesta última lexislatura e cara o novo período. O Instituto de Estudios Rexionais Metropolitanos presentará os resultados preliminares do estudio que están realizando.

Compartir: