PATRIMONIO

O Grupo de Cidades Patrimonio asina un convenio de colaboración coa Red Española de Albergues Juveniles

27/03/2019 O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España firmou un convenio de colaboración coa Red Española de Albergues Juveniles (REAJ) co fin de potenciar o posicionamento de marca de ambas as dúas institucións e fomentar o coñecemento da Red de Albergues e dos destinos do grupo de Cidades Patrimonio nos principais mercados turísticos. O convenio asinárono este mércores o presidente do Grupo e alcalde de Cuenca, Ángel Mariscal, e o presidente do Consorcio REAJ, Francisco Javier Sánchez López.

Con esta nova alianza, o Grupo quere promover e incentivar que os viaxeiros más novos visiten e desfruten das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade, destinos culturais e tamén de turismo activo todo o año. Para logralo, entre as accións previstas neste convenio ata final de ano inclúense o intercambio de información de interese entre ambas institucións e accións de comunicación conxuntas, incluíndo difusión en redes sociais, boletíns informativos e páxinas web de ambas entidades, sobre as noticias que xeren, incorporando os logotipos de ambas en todo o material divulgativo das actuacións subscritas. Neste sentido, o Grupo comprométese a ceder a REAJ vídeos da súa web, o banco de imaxes co que traballa, así como soporte e material publicitario.

Ademais, Cidades Patrimonio terá en conta os albergues REAJ como opción de aloxamento para as viaxes, reunións ou eventos relacionados coa actividade do Grupo. Tamén se contempla no marco deste acordo que Cidades Patrimonio colabore nalgún dos programas que organiza a Red Española de Albergues Juveniles para difundir e promover o turismo e o recoñecemento e defensa do patrimonio cultural e histórico.

Compartir: