EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Recepción ao alumnado do Iacobus 2019 da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña

12/03/2019 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, acompañado doutros integrantes da Corporación, recibiu no salón nobre de Raxoi, ao alumnado Erasmus Iacobus 2019 da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC).

Este ano celébrase na ETSAC a 24 edición do Iacobus, evento académico de mobilidade entre as escolas de arquitectura da Coruña, Clermont-Ferrand (Francia), Ratisbona (Alemaña) e UACA de Ereván (Armenia).

A tarefa a desenvolver neste curso xira en torno a un centro de acollida de inmigrantes no claustro e no entorno da Colexiata do Sar. Proponse como programa a creación dun centro polifuncional no que as comunidades de refuxiados poidan aproximarse e integrarse na nosa sociedade mediante o intercambio e a inmersión nas culturas confluíntes. O programa está sendo elaborado polo profesorado da ETSAC e o Concello de Santiago.

Compartir: