EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Comeza o ciclo de concertos de música tradicional no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes

07/03/2019 O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes acolleu esta mañá a primeira sesión de concertos de música tradicional a cargo de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez. O primeiro centro en participar desta actividae foi o Quiroga Palacios.

Son concertos dirixidos a escolares de entre 10 e 12 anos que teñen como obxectivo achegar a música tradicional aos centros educativos. Os nenos e nenas poderán ver e aprender sobre máis de corenta instrumentos. O ciclo leva por nome "Música e evolución" e quere poñer en valor o patrimonio musical e falar da música como manifestación cultural esencial para os seres humanos.

Os centros anotados ao programa son o Apóstolo Santiago, con 35 alumnos e alumnas que se achegarán polo María Miramontes o 22 de marzo, en horario de 12:30 a 13:30 h. O 18 de marzo, de 12:00 a 13:00 h, será a quenda dos escolares de 5º e 6º de primaria do Rodríguez Xixirei de Lavacolla. O 29 de marzo repetirá o Quiroga Palacios, que participa cun total de 71 nenos e nenas de 5º de primaria e 51 de 6º. Finalmente, o Monte dos Postes acudirá o 15 de marzo, en horario de 10:00 a 11:00 h para os 50 alumnos e alumnas de 6º de primaria, e en horario de 11:00 a 12:00 h para os 50 de 5º de primaria.

Compartir: