CONVIVENCIA

Reordenada a circulación na avenida de Lugo para mellorar a seguridade

01/03/2019 A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia vén de reordenar o tráfico na avenida de Lugo, á altura do seu enlace coa SC-20, para mellorar a seguridade viaria. A modificación consistiu na eliminación das frechas de fin de carril existentes á altura da rotonda que comunica a avenida de Lugo coa SC-20, e a división de dous carrís diferenciados, cun terceiro carril de incorporación para os vehículos que circulen cara a rúa da Batalla de Clavijo.

Ata o de agora, os vehículos que circulaban pola avenida de Lugo en dirección Hórreo atopaban unhas frechas que obrigaban a cambiar de carril coincidindo co tramo de incorporación ao viario dende a rotonda que conecta coa SC-20. Deste xeito, non só se producían situacións de inseguridade, senón que tamén se perdía axilidade no tránsito decde a rotonda. Co repintando desta área, as frechas desaparecen e a avenida de Lugo pasa a ter neste punto dous carrís diferenciados, máis unha illa central que tamén serve de carril de incorporación para quen queira xirar cara Batalla de Clavijo.

Compartir: