XUNTA DE GOBERNO

O próximo día 15 abre o prazo de inscrición no Programa de Conciliación de Semana Santa

01/03/2019 O prazo de inscrición e matricula no Programa Municipal de Conciliación para a Semana Santa estará aberto do 15 ao 29 de marzo, ambos días incluídos. As actividades desenvolveranse nos CEIPs Monte dos Postes e Raíña Fabiola, os días 15, 16, 17 e 22 de abril.

O Programa de Conciliación de Semana Santa está dirixido aos nenos e nenas que cursen estudos de Educación Infantil e Primaria en Santiago, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. A matriculación poderá facerse por días soltos ou para os catro días, e as familias poderán solicitar servizo de madrugadores con almorzo, dende as 7:45 horas; e servizo de comedor, ata as 16:00 horas.

A inscrición no programa poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello (rúa do Presidente Salvador Allende) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Cívico do Ensanche. As admisións realizaranse por rigorosa orde de entrada.

Compartir: