ALCALDÍA

Crianzas e maiores homenaxean a Rosalía no seu lugar de nacemento

22/02/2019 O monolito que conmemora a figura de Rosalía de Castro, na praza de Vigo, acolleu este mediodía un emotivo acto de homenaxe á escritora, organizado pola Asociación Veciñal Raigame en colaboración con Agadea.

O acto estivo protagonizado polo alumnado de Primaria dos colexios Quiroga Palacios e Cluny, que deron lectura dalgúns dos seus poemas despois de realizar un traballo didáctico sobre a escritora compostelá. Os membros da Asociación Agadea puxéronlle voz ás lembranzas que os/as maiores teñen da antiga casa na que naceu Rosalía de Castro.

Nos días e semanas previas a este acto desenvolvéronse unha serie de accións aproveitando a presenza da escritora María Xesús Lama, Premio Nacional de Ensaio 2018, que o 26 de xaneiro, no Centro Cívico do Ensanche, falou das súas achegas á biografía de Rosalía como muller comprometida.

Compartir: