MOCIDADE

A cantante galega Miriam Rodríguez visitou os/as participantes do grupo de coro do "Compostela Actúa"

21/02/2019 Os mozos e as mozas integrantes do coro pertencente a actividade Compostela Actúa recibiron esta tarde, da man de Cadena Dial, a visita da cantante eumesa Miriam Rodríguez, que participou na edición de 2017 do programa Operación Triunfo. A cantante está a pasar uns días en Galicia promocionando o seu primeiro traballo, Cicatrices, que tivo a ocasión de interpretar tamén o pasado venres na Sala Capitol.

Miriam aproveitou a visita para darlle algúns consellos aos mozos e mozas que participan da actividade, animándoos a continuar no mundo da música. Esta iniciativa pretende fomentar a creatividade dos mozos e mozas de Santiago, ofrecendo unha alternativa divertida e formativa no ámbito da música e da escena. Actualmente existen catro grupos, formado por un máximo de 12 integrantes: coro, teatro, danza e música, que se reúnen no Centro Xove da Almáciga. O programa Compostela Actúa está dirixido a mozos e mozas de 15 a 30 anos

Compartir: