PLENO

A Corporación aproba unha declaración institucional para esixir a creación dun novo Xulgado do Social en Santiago de Compostela

21/02/2019 O Pleno da Corporación aprobou unha declaración institucional en resposta á decisión do Goberno do Estado, coñecida hoxe mesmo, de non crear un novo Xulgado do Social en Santiago. O texto acordado polos catro grupos municipais rexeita ese posicionamento e esixe a súa revogación.

A declaración institucional aprobada hoxe expresa o rexeitamento do Pleno á decisión do Goberno do Estado de non conceder un novo Xulgado do Social a Santiago de Compostela, tal e como se tiña reclamado por unanimidade pola propia Corporación en anteriores declaracións institucionais nos anos 2015 e 2017, pola Xunta e mesmo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Por iso, o Pleno esixe a revogación desta decisión, e pide que se teñan en conta as reclamacións presentadas no seu día para a ampliación da Planta Xudicial en Santiago, cos xulgados de Familia, Violencia de Xénero e unha nova sala do Contencioso-Administrativo.

Compartir: