ALCALDÍA

Martiño Noriega destaca que o novo enlace da AP-9 coa Cidade da Cultura mellorará a conectividade cos barrios de Fontiñas e Sar

15/02/2019 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acudiu hoxe á posta en funcionamento do enlace PK 70 da AP-9 coa Cidade da Cultura, obra que supuxo un investimento de 3,58 millóns de euros e que foi executada polo Ministerio de Fomento. No acto tamén estiveron, entre outros, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Na súa intervención, Martiño Noriega sinalou que "esta infraestrutura, ao igual que a variante de Aradas, remata con determinados debates dos que se leva falando dende o ano 2003" e quixo agradecer ao Goberno central por "dar resposta a esta vella demanda que, de seguro, cumprirá co que esperamos dela".

Para o alcalde de Santiago, este novo enlace, que é o cuarto co que conta Compostela dende a AP-9, "non só mellora a conectividade da autopista coa Cidade da Cultura, senón tamén co centro de Compostela e cos barrios de Fontiñas e Sar".

Compartir: