CENTROS CÍVICOS

Nova edición do Mercado de Troco de Conxo

09/01/2019 A zona exterior cuberta do Centro Cívico de Conxo, na praza Aurelio Aguirre, acollerá este sábado 12 de decembro, entre 11:00 e as 14:00 horas, unha nova edición do Mercado de Troco. Será unha boa oportunidade para intercambiar aqueles vellos xogos, xoguetes e libros infantís que todos temos na casa en bo estado por outros que sexa máis do noso agrado. Ademais, dende as 11:00 horas, haberá xogos tradicionais da man de Xandobela.

Todas as persoas interesadas terán ao seu dispor, se así o solicitan, un pequeno espazo no que expoñer os seus xoguetes e xogos. Para iso, deben inscribirse ou solicitalo no Centro Cívico de Conxo, persoalmente ou a través do teléfono (981 528 740) ou do correo electrónico (cscconxo@santiagodecompostela.gal).

Neste pequeno mercado non hai diñeiro. Unicamente se taxarán con puntos os diferentes xogos e xoguetes. Con estes puntos, os/as participantes poderán levar outros obxectos que estean no mercado. Pódense levar os mesmos para a taxación dende xa ao Centro Cívico ou o propio día do mercado.

Os libros, xogos e xoguetes que non se troquen levaranse ao Despacho de Alimentos de Conxo.

Compartir: