MEDIO AMBIENTE

O 22 de xaneiro remata o prazo para a presentación de ofertas para a xestión da cafetería da Granxa do Xesto

08/01/2019 O próximo 22 de xaneiro remata o prazo para a presentación de propostas para a xestión da cafetería da Granxa do Xesto, no procedemento aberto polo Concello e que se pode consultar no Perfil do Contratante da web municipal. A duración da concesión será por tres anos, prorrogables noutros dous anos máis.

No procedemento de licitación para a xestión da cafetería da Granxa do Xesto establécese un canon anual mínimo de 4.964,40 euros, que as ofertas que opten é concesión deberán mellorar mediante o seu incremento á alza. O establecemento deberá estar aberto de marzo a setembro, en horario de doce do mediodía a 20:30 horas; e de outubro a febreiro, de 12:30 a 18:30 horas. Segundo o prego, poderá pechar no mes de xaneiro, e un día fixo á semana o resto do ano.

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata as 14:00 horas do día 22 de xaneiro no Rexistro Xeral do Concello de Santiago, na rúa Presidente Salvador Allende de Galeras.

Direccións relacionadas



Compartir: