ALCALDÍA

Martiño Noriega felicitou o Nadal ao persoal municipal e aos xubilados e xubiladas neste 2018

21/12/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu a tradicional recepción de Nadal aos traballadores e traballadoras do Concello e dos diferentes organismos autónomos e empresas públicas vinculados ao mesmo. Ademais, entregáronse as placas ás persoas xubiladas neste ano 2018.

Tras a intervención do secretario municipal, José Ramón Alonso, realizouse a entrega de placas ás persoas xubiladas neste 2018. Recolleron a súa distinción Andrés Nieto Liñares, Evangelina Martínez Sánchez, Edmundo Luís López Seijo, Manuel Miguez Otero, José Luis Sánchez Castro, Manuel Vázquez Botana, Benigno Franco Pérez, Carlos Rozas Bolaño e Mª Carmen Fernández Pena.

Pechou o acto o alcalde, quen agradeceu aos traballadores e traballadoras o seu esforzo. Ademais de felicitarlles o Nadal, desexoulles un ano cheo, sobre todo, de saúde.

Compartir: