EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Admitidas todas as solicitudes en regra para o Programa Municipal de Conciliación de Nadal

20/12/2018 Rematado o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación de Nadal, a Concellaría de Educación e Cidadanía comunica que se admitiron todas as solicitudes acompañadas da documentación requirida. Unicamente se excluíron catro solicitudes por non presentar o xustificante de pago.

Finalmente, o Programa de Conciliación de Nadal realizarase os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro, e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro no CEIP Monte dos Postes, con servizo de comedor. No CEIP Raíña Fabiola non se desenvolverá o programa por non chegarse ao mínimo de participantes establecido nas bases. Tampouco haberá servizo de madrugadores no CEIP Monte dos Postes, por non haber solicitudes para o mesmo.

Direccións relacionadas



Compartir: