ALCALDÍA

Entregados os XXIV Premios Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego

11/12/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu o acto de entrega do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego. Francisco Collantes e José Luis Rodríguez, na modalidade descritiva, e David Quiñones, na analítica, foron os galardoados nesta edición.

David Quiñones levou a máxima distinción na categoría de traballos analíticos polo titulado Galicia, a terra dos mil panos. Pola súa banda, Francisco Collantes e José Luís Rodríguez resultaron galardoados por un traballo analítico titulado 100 pezas do traxe do Val do Ulla.

Tras a entrega de premios, o alcalde pechou o acto agradecendo o traballo da Asociación do Traxe Galego e recoñecendo o esforzo dos premiados, que "garanten a transmisión da tradición entre xeracións e un futuro con memoria".

Compartir: