ALCALDÍA

Recepción ás familias participantes no Encontro de Familias de Persoas con Síndrome de Down

07/12/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado doutros integrantes da Corporación, recibiu unha representación das familias participantes no XVIII Encontro Nacional de Familias e no X Encontro Nacional de Irmáns de Persoas con Síndrome de Down, que se celebran na cidade do 6 ao 9 de decembro.

Máis de 500 persoas participan nestes encontros, que buscan aumentar a cohesión entre o colectivo de persoas coa síndrome de Down e a súa contorna. As xornadas, que se desenvolven nos hoteis OCA Puerta del Camino e Eurostars San Lázaro, pretenden potenciar o debate sobre temas de interese para o colectivo, fomenta a vinculación e o intercambio de experiencias, e, sobre todo, dar o protagonismo ás persoas con trisomía 21.

Compartir: