CONVIVENCIA

As solicitudes das novas tarxetas de residentes de Pelamios-Vista Alegre, a partir do 10 de decembro

03/12/2018 A Concellaría de Convivencia comunica que a partir do vindeiro luns, 10 de decembro, os veciños e veciñas das rúas Bispo Diego Peláez, Noia, Boiro, Rianxo, Ribeira, Santa Comba, San Xoán e a praza de Álvaro Qunqueiro, poderán solicitar a tarxeta de residentes da zona 8 (Pelamios-Vista Alegre). Esta tarxeta permitiralles aparcar nas prazas que a tal fin se reservarán na rúa de Santa Comba e no lateral do parque de San Xoán dende as 21:00 ata as 9:00 horas, e nas rúas do Bispo Diego Peláez e de San Xoán durante 24 horas.

Os veciños e veciñas solicitantes deberán reunir os requisitos aos que fan mención os artigos 24 e seguintes da Ordenanza do Sistema de Ordenación e Regulación do Servizo da ORA e Aparcamento de Residentes, e terán que acreditalos nos termos previstos na norma, presentando a oportuna solicitude no Rexistro Xeral ou por algún dos procedementos previstos na Lei 39/2015 de 1 de outubro, podendo utilizar o modelo oficial que se atopa na páxina web do Concello ou solicitalo no Rexistro.

Direcciones relacionadas



Compartir: