ALCALDÍA

Chega a Santiago a mostra itinerante "40 anos de España na Democracia"

27/10/2018 A dársena de Xoán XXIII acolle dende hoxe a exposición fotográfica "40 anos de España na Democracia", organizada polas Cortes Xerais en colaboración coa Axencia EFE. Á inauguración da mostra asistiron a presidenta do Congreso, Ana Pastor; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a tenenta de alcalde, María Rozas.

A exposición que se pode ver dende hoxe na dársena de Xoán XXIII reúne fotografías da Axencia EFE en momentos históricos como a sanción da Constitución, os Xogos Olímpicos de Barcelona, o Óscar gañado por José Luis Garci, o retorno de Tarradellas ou diferentes atentados terroristas. A mostra xunta un total de 40 imaxes, para conmemorar os 40 anos da Constitución española, de fotógrafos como Manuel Hernández de León, Ángel Díaz, Luis Tejido, Juanjo Martín, Javier Cebollada ou Ismael Herrero.

Compartir: