ALCALDÍA

O alcalde participa no encontro de apertura dunha nova edición do programa "A ponte entre o ensino medio e a USC"

26/10/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu este venres no Pazo de Fonseca a unha xuntanza entre equipos directivos e de orientación de máis dun cento de centros de ensino medio de toda Galicia e responsables da USC, na que se trataron cuestións de interese para o alumnado que cursa o derradeiro ano de ensino secundario. Este encontro marca o inicio dunha nova edición do programa "A ponte entre o ensino medio e a USC".

Ademais do alcalde e do reitor da USC, Antonio López, na reunión participaron a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo; o delegado do reitor para asuntos de Ensino Medio, Celso Rodríguez, e o responsable do programa "A ponte" no Campus de Lugo, Francisco Javier González.

Tratáronse temas como a organización de actos informativos, visitas aos centros, charlas temáticas, programas de bolsas e axudas ao alumnado, titulacións e probas de acceso á Universidade.

Compartir: