ALCALDÍA

USC e Concello acordan iniciar os traballos de mellora e acondicionamento do Campus Vida

24/10/2018 A Universidade de Santiago e o Concello compostelán acordaron crear unha comisión de traballo que se reunirá de maneira periódica para tratar asuntos de interese común, nomeadamente relacionados co acondicionamento do Campus Vida.

Na primeira xuntanza, que tivo lugar a finais da semana pasada, representantes de ambas as dúas entidades acordaron realizar xa algunhas accións que mellorarán de inmediato a seguridade e o acceso polos espazos universitarios.

Así, a Universidade compostelá comprométese a acometer actuacións no alumeado da zona do Observatorio Astronómico ‘Ramón María Aller’, coa incorporación de luminarias que melloren a visibilidade e en coordinación co persoal investigador do centro para que non interfira na súa tarefa científica. Neste contexto, ambas as dúas partes acordaron realizar tamén un estudo sobre a situación do alumeado público no Campus Vida.

Outras intervencións inmediatas teñen que ver co desbroce e limpeza de maleza en varias zonas do campus e a realización de obras de acondicionamento, accións que cada administración acometerá dentro do ámbito das súas competencias.

Compartir: