EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Xornadas de portas abertas e charlas nutricionais nos comedores escolares

18/10/2018 A Concellaría de Educación e Cidadanía informa da celebración de varias xornadas de portas abertas para as familias usuarias dos servizos de comedor e de madrugadores nos centros públicos de educación infantil e primaria. Tamén se programaron charlas nutricionais nos nove centros que teñen este servizo de comedor.

As xornadas de portas abertas arrincarán o 25 de outubro no CEIP Rodríguez Xixirei. Seguirán nos colexios Apóstolo Santiago (2 de novembro), Raíña Fabiola (8 de novembro), Ramón Cabanillas (13 de novembro), Cardeal Quiroga Palacios (21 de novembro), Vite (29 de novembro), Roxos (5 de decembro), Monte dos Postes (10 de decembro) e Fontiñas (17 de decembro).

O calendario de charlas nutricionais iniciarase o 8 de novembro no CEIP Rodríguez Xixirei. As seguintes citas serán: Apóstolo Santiago (15 de novembro), Roxos (22 de novembro), Raíña Fabiola (25 de novembro), Cardeal Quiroga Palacios (13 de decembro), Fontiñas (20 de decembro), Ramón Cabanillas (10 de xaneiro), Vite (17 de xaneiro) e Monte dos Postes (24 de xaneiro). Todas as charlas serán ás 17:00 horas e as persoas interesadas en asistir deben comunicalo previamente ao coordinador/a do comedor. Establécese un mínimo de 5 inscricións para realizar a charla no comedor de cada centro.

Direccións relacionadas



Compartir: