MEDIO AMBIENTE

Santiago supera o reto lanzado pola Xunta e Ecoembes para incrementar a reciclaxe de envases lixeiros

05/10/2018 O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recolleu hoxe o premio ao Concello de Santiago no marco do reto solidario lanzado pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes para incrementar a reciclaxe de envases lixeiros. Compostela logrou aumentar nun 10 por cento a cantidade de envases lixeiros recollida nos contedores amarelos, con respecto ao ano pasado.

No reto "Recicla, Respira e Supérate" participaron 15 municipios galegos, dos que 10 lograron incrementar a reciclaxe de envases lixeiros, entre eles Santiago. O premio é un chegue de 2.000 euros que os concellos podían doar a unha causa social local. No caso de Compostela, ese diñeiro irá para a Asociación Itínera, de voluntariado en saúde mental.

O concelleiro de Medio Ambiente e convivencia, Xan Duro, recolleu o premio nun acto que estivo presidido pola directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, María Cruz Ferreira. Durante a duración do reto, Santiago recolleu 140.480 quilos de envases lixeiros en maio; 154.280 en xuño, e 127.320 quilos no mes de xullo

Compartir: