CENTROS CÍVICOS

O centro cívico de Conxo organiza un concerto do Coro Estudio na ingrexa da Mercé

04/10/2018 A igrexa da Mercé de Conxo acolle mañá un concerto do Coro Estudio, organizado polo centro cívico do barrio. A cita será ás 20.30 horas, e a entrada é de balde.

O concerto será unha moi boa oportunidade para descubrir o bo facer do coro da escola de música Estudio, que foi fundada na cidade en 1986 e que desde entón combina o seu programa académico coa organización de cursos, clases maxistrais, concertos, e intercambios con outras prestixiosas escolas de jazz. O coro está dirixido por Xavier Mera, e conta na actualidade con 25 integrantes. O seu estilo abarca desde a música popular e moderna ata a contemporánea

A actuación na igrexa da Mercé é unha actividade organizada desde o centro cívico de Conxo.

Compartir: