EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Auditorio de Galicia acollerá o vindeiro 31 de outubro a Gala aRi[t]mar

04/10/2018 O edil de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, acudiu esta mañá á rolda de prensa de presentación da Gala aRi(t)mar, unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago que ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e música ediada en Galicia e en Portugal. Na rolda estiveron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o director da EOI, Gonzalo Constenla.

A gala celebrarse o vindeiro 31 de outubro a partir das 21.00 horas no Auditorio de Galicia. Na organización do evento participan o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. A Gala aRi(t)mar promove tamén achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco das accións e desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.

O certame consta de catro categorías: mellor tema musical galego, mellor tema musical portugués, mellor poema galego e mellor poema portugués. Os gañadores e gañadores nestas categorías son, respectivamente, Bailando as rúas de A Banda da Loba, Amar pelos dois de Salvador e Luísa Sobral, Blues do rei Bergman=B.B. King de Lois Pérez e Com o ritmo da chuva, de Alexandre Brea. O premio especial do xurado á embaixada da amizade galego-lusófona é para Convergências Portugal Galiza.

A entrada para a gala, que será presentada por Carlos Meixide e Iria Pinheiro é de balde ate completar aforo previa recollida de billetes dende o 26 de outubro na EOI e no Teatro Principal. Tamén se poden recoller no Auditorio 3 horas antes do comezo da Gala.

Compartir: