ALCALDÍA

O alcalde recibe o alumnado dominicano do Máster en Deseño Arquitectónico da Universidade da Coruña

04/10/2018 O alcalde, Martiño Noriega, presidiu esta mañá a recepción a un grupo de alumnos e alumnas da República Dominicana que cursan o Máster en Deseño Aquitectónico que a Universidade da Coruña imparte en colaboración coa Universidade Pontificia dese país, O estudantado estivo acompañado polo arquitecto e profesor compostelán Pablo Costa.

Na visita ao Pazo de Raxoi participaron máis dunha vintena de alumnos e alumnas dominicanos, a maioría deles procedentes de Santiago de los Caballeros. Esta foi a primeira cidade americana en levar o nome do Apóstolo, e está irmandada con Compostela. O alcalde, Martiño Noriega, lembrou os vínculos entre as dúas cidades, e animou ao estudantado a coñecer máis en detalle a capital galega. Ademais, o rexedor quixo aproveitar a recepción para recoñecer o traballo de Pablo Costa, "un home que ademais do seu prestixio profesional ten unha verdadeira paixón por Santiago, e retratou como ninguén a súa evolución histórica a través da arquitectura".

Na recepción ao alumnado dominicano tamén participaron os concelleiros de Espazos Cidadáns e Educación, Jorge Duarte e Manolo Dios, así como a concelleira do PP Pepa Castro.

Compartir: