ALCALDÍA

O alcalde preside a Comisión Executiva do Consorcio

03/10/2018 O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, coa presenza do alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. A xuntanza estivo dedicada a asuntos de trámite administrativo.

A Comisión Executiva do Consorcio ten o obxectivo de servir de apoio ao Consello de Administración do organismo e facer seguimento da súa actividade. O órgano está presidido polo alcalde, e forman parte del como vogais a inspectora xeral do Ministerio de FAcenda e o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura. Tamén teñen dereito de asistencia, con voz pero sen voto, os voceiros dos grupos municipais do PP e do PSOE, mentres que a voceira do BNG asiste por invitación do presidente. Precisamente, a xuntanza de hoxe serviu para despedir do órgano ao concelleiro nacionalista Rubén Cela e para recoñecer o seu traballo no Consorcio, despois de que se fixera efectiva a súa substitución pola concelleira Goretti Sanmartín.

Compartir: