ALCALDÍA

O Concello volverá apoiar a celebración da Gala do Libro Galego na súa vindeira edición de 2019

24/09/2018 A IV Gala do Libro Galego volverase celebrar en Compostela en 2019, grazas á colaboración do Concello. O alcalde, Martiño Noriega, comprometeu o apoio institucional á iniciativa, que "por cuarto ano consecutivo xuntará os esforzos de todo o sector do libro nun evento único".

O alcalde recibiu esta mañá os/as representantes da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editoras. Martiño Noriega reiterou que "Santiago, como capital de Galicia, ten que apoiar a celebración da Gala do Libro Galego, e máis cando é o froito da unión do sector".

A IV Gala do Libro Galego terá lugar o 11 de maio no Teatro Principal. Desta volta, a organización do evento correspóndelle á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. O seu presidente, Cesáreo Sánchez, agradeceu a colaboración do Concello de Santiago e reiterou a conveniencia de que o evento se celebre en Compostela, porque "é a capital do país e porque é unha cidade profundamente cultural, o escenario no que sacar á luz os froitos literarios do ano en Galicia, unha das principais potencias do sector en Europa".

Compartir: