FACENDA

María Rozas empraza a PSOE e BNG para a negociación dos orzamentos de 2019

10/09/2018 A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, contactou hoxe co voceiro do PSOE e coa voceira do BNG e emprazounos para iniciar, nos próximos días, o diálogo e negociación dos orzamentos para o 2019.

A Concellaría de Economía e Facenda leva dende o mes de xuño traballando no borrador do documento orzamentario do vindeiro exercicio, que será dialogado co PSOE e o BNG dende este mes de setembro co obxectivo de que sexan uns orzamentos de cidade.

Nesas xuntanzas, o Goberno municipal entregaralle ao resto de grupos un documento co estado de execución das propostas que se foron incorporando nos orzamentos anteriores.

Compartir: