ALCALDÍA

Recepción en Raxoi ao campión de Europa de squash, Borja Golán

10/09/2018 O alcalde presidiu hoxe a recepción a Borja Golán, que vén de proclamarse campión de Europa de squash por segunda vez. O deportista compostelán, de 35 anos, mostrouse moi agradecido por este recoñecemento.

Borja Golán logrou, por segunda vez na súa carreira, o título de campión de Europa de Squash, na cidade austríaca de Graz. O deportista recoñeceu que "este título é especial, porque chegou nun momento no que valoraba a retirada por mor dunha lesión". Borja Golán xa conseguira o Campionato de Europa en 2016.

Na recepción, o alcalde incidiu en que "Compostela está orgullosa de Borja Golán, non só polos seus éxitos deportivos, senón por como é como persoa". Martiño Noriega referiuse tamén ao proxecto da Cidade da Raqueta, no que está traballando o Concello, e asegurou que "sacar adiante esta infraestrutura, para a que estamos procurando financiamento, sería tamén unha boa maneira de homenaxear a Borja Golán e ao seu deporte".

Compartir: