ALCALDÍA

O alcalde recibe o embaixador británico

04/09/2018 O alcalde recibiu este martes o embaixador británico en España, Simon Manley, que asinou no libro de honra da cidade. Ambos conversaron sobre cuestións de interese para os cidadáns británicos que residen en Santiago e en Galicia.

O alcalde mostroulle a Simon Manley a disposición do Concello para colaborar en calquera cuestión que lles poida afectar aos cidadáns británicos, no contexto actual marcado polo Brexit. Pola súa banda, o embaixador británico expresou o seu desexo de que a saída de Reino Unido da Unión Europea "garanta os dereitos dos británicos e británicas que viven fóra, e tamén dos moitos galegos e galegas que viven no Reino Unido, que contribúen á riqueza do país e dos que estamos moi orgullosos". Manley lembrou tamén que Santiago recibe cada ano "uns 7.000 peregrinos e peregrinas británicos e a milleiros de turistas procedentes de Reino Unido".

Compartir: