ALCALDÍA

Recepción aos participantes na LXI edición do Curso "Música en Compostela"

14/08/2018 O alcalde, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi os/as participantes na LXI edición do Curso Universitario Internacional Música en Compostela, que se celebra do 5 ao 18 de agosto. Nesta edición participan máis de 100 alumnos e alumnas procedentes de diversos países.

Organizado ininterrompidamente dende 1958, o Curso Internacional Música en Compostela ofrece ensinanzas en varias especialidades musicais e unha serie de concertos especiais. Un exemplo destes son os concertos nesta edición da Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Maximino Zumalave, no Auditorio de Galicia.

Compartir: