EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Ampliado ao 10 e 11 de setembro o Programa Municipal de Conciliación

10/08/2018 A Xunta de Goberno acordou hoxe ampliar dous días máis o Programa de Conciliación do Verán, que mantén o Concello coa empresa Actividades Lúdicas de Galicia SL. Así, o programa terá lugar tamén os días 10 e 11 de setembro dado o cambio que se produciu no calendario do vindeiro curso escolar.

O programa Escolas Municipais de Verán 2018 desenvólvese dende o pasado mes de xuño no CEIP Monte dos Postes e no CEIP Raíña Fabiola e conta coa asistencia de 260 nenos e nenas que cursan estudos entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Primaria en centros de Santiago.

Documentos relacionados



Compartir: