EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publicadas as listas provisionais de admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2018/19

13/07/2018 Unha vez finalizado o período de preinscrición para novo alumnado na Escola Municipal de Música para o curso 2018-2019, e realizadas as comprobacións pertinentes no Padrón municipal, este xoves celebrouse o sorteo de varias especialidades da escola. Como resultado deste sorteo, elaborouse a lista provisional de admitidos/as que se adxunta.

Ábrese un período de reclamacións de 10 días naturais dende a publicación desta lista provisional de admitidos. A matrícula deberá formalizarse do 24 ao 31 de xullo de 2018 na Secretaría da Escola Municipal de Música.

Documentos relacionados



Compartir: