EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Chega a Santiago en agosto o programa de divulgación da USC "TodoCosmos"

12/07/2018 Co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) desenvolve por quinto ano consecutivo o programa de divulgación científica astronómica TodoCosmos, iniciativa que tenta levar esta ciencia a todos os lugares e sectores da poboación.

Aínda que se desenvolve ao longo de todo o ano, é no verán cando se concentran boa parte das propostas, como sesións de observación nocturna, visitas didácticas ao Observatorio, obradoiros e charlas... Nesta ocasión diversificaranse as actividades, chegando a unha vintena de concellos galegos, con actuacións en paseos marítimos e fluviais, cimas emblemáticas, prazas ou parroquias. No caso de Compostela, a actividade celebrarase o vindeiro 13 de agosto, en colaboración con Cruz Vermella, a partir das 22 horas.

O programa xa comezou en xuño con actividades en Pontevedra, Santiago e Lalín. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, quixo parabenizar, na presentación desta iniciativa á Universidade de Santiago, por "fomentar a observación científica nun programa que leva xa cinco anos funcionando".

Direccións relacionadas



Compartir: