EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Ampliado ao 10 e 11 de setembro o programa municipal de conciliación

19/06/2018 A Xunta de Goberno do 10 de agosto acordou ampliar dous días máis o Programa de Conciliación do Verán, que mantén o Concello coa empresa Actividades Lúdicas de Galicia SL. Así, o programa terá lugar tamén os días 10 e 11 de setembro dado o cambio que se produciu no calendario do vindeiro curso escolar.

O programa Escolas Municipais de Verán 2018 desenvólvese dende o pasado mes de xuño no CEIP Monte dos Postes e o CEIP Raíña Fabiola e conta coa asistencia de 260 nenos e nenas que cursan estudos entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Primaria en centros de Santiago.

Como é habitual, ofértanse os servizos de madrugadores (só no CEIP Monte dos Postes, e en horario de 7:45 a 9:00 horas), actividades (de 9:00 a 14:00 horas) e comedor, de 14:00 a 16.00 horas).

Os prezos a abonar dependen da modalidade seleccionada. Ademais, existen descontos do 20 % para quen acredite ser familia monoparental, numerosa, nenos/as con discapacidade e cando participen dous/dúas irmáns/ás no programa. O desconto aplicarase a todos/as os/as solicitantes que cumpran ese requisito; é dicir, se participan dous/dúas ou máis irmáns/ás nesta oferta, o desconto farase a todos/as os/as irmáns/ás. Tamén haberá descontos do 50% ou do 100% para aquelas familias con escasos recursos; casos que deberán ser acreditados cun informe do Departamento de Servizos Sociais.

Compartir: