EDUCACIÓN

O concelleiro de Educación e Cidadanía súmase á xornada de Land Art do CEIP Pío XII

14/06/2018 O alumnado do CEIP Pío XII participou hoxe na Alameda nunha sesión de Land Art, á que non quixo faltar o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios. Na actividade, que xa está consolidada no calendario do centro, participaron os nenos e nenas de Infantil e do primeiro ciclo de Primaria.

O Land Art é unha tendencia da arte contemporánea que utiliza o marco e os materiais da natureza, co obxectivo de producir emocións plásticas. O seu principio fundamental é alterar a paisaxe cun sentido artístico, reflectindo a relación entre o home a a terra. Tamén se pretende con este movemento mostrar o deterioro ambiental e do clima, froito da acción do home.

Compartir: