POLÍTICAS SOCIAIS

Recepción con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas

14/06/2018 A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, acompañada doutros/as integrantes da Corporación, recibiu a Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.

Concha Fernández leu un manifesto a propósito da conmemoración e lembrou o apoio que a Corporación ten manifestado á incorporación da lingua de signos a diferentes ámbitos. A iniciativa municipal máis recente data do 24 de maio, cando se aprobou en pleno unha moción conxunta de apoio ás reivindicacións da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela sobre a falta de accesibilidade no ámbito sanitario galego.

O acto central con motivo deste Día Nacional das Linguas de Signos Españolas celebrarase esta tarde, a partir das 17:00 horas, na praza Roxa.

Compartir: