ALCALDÍA

O alcalde recibiu os empregados e empregadas municipais no día de Santa Rita, a súa patroa

22/05/2018 O alcalde compostelán, Martiño Noriega, recibiu no salón vermello os empregados e empregadas municipais, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia.

Martiño Noriega agradeceu aos traballadores e traballadoras municipais a súa dedicación en prol da cidade. En especial, destacou o seu esforzo malia as limitacións de efectivos motivada pola "taxa de reposición". Tamén tomou a palabra no acto o secretario municipal, José Ramón Alonso.

Compartir: