DEPORTE E TURISMO

Máis de 200 persoas xa se inscribiron na carreira nocturna SantYaGo10K

02/04/2018 SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostela, celebrarase o sábado 28 de abril ás 22:00 horas. Cando queda aínda practicamente un mes para a proba hai xa máis de 200 persoas inscritas para participar. A carreira, sobre un circuito lineal e homologado de 10 quilómetros, ten a saída en San Francisco e a chegada na praza do Obradoiro, e percorrerá a Alameda e as principais rúas do Casco Histórico.

As inscricións poden facerse de dous modos distintos, cubrindo o formulario de inscrición que se atopa na paxina da carreira, www.santyago10k.es, e facendo o pago directamente on line, ou cubrindo o formulario pero facendo o pago presencialmente no Multiúsos Fontes do Sar ou en Santa Isabel.

Neste edición hai dous prazos de inscrición na carreira. O primeiro prazo é ata o 15 de abril, cun prezo de 7 euros. O segundo prazo é ata o 22 de abril, cun prezo de 15 euros. Os socios do Multiúsos Fontes do Sar e de Santa Isabel terán un prezo especial de cinco euros se se inscriben presencialmente antes do 23 de abril.

Esta proba representa a Santiago no I Circuíto de Carreiras Cidades Patrimonio da Humanidade, unha das actividade coas que se celebra o 25 aniversario da creación da rede que reúne as 15 cidades españolas inscritas na Lista do Patrimonio Mundial da Unesco.

SantYaGo10K naceu en 2015 da man do Club de Atletismo Fontes do Sar que, logo de participar en ducias de carreiras en toda España, deseñou unha cita pensando nos corredores populares e tomando os mellores detalles dunha multitude de probas de todo tipo. Nas tres primeiras edicións, a participación chegou ás 2.000 persoas, unha mostra do atractivo da proba.

Toda a información da carreira pode consultarse en www.santyago10k.es. Tamén pode seguirse nas redes sociais da SantYaGo10K.

Compartir: