ALCALDÍA
O Concello volveu ser este ano promotor da Festa das Uñas, despois de que en 2017 os integrantes da comisión de festas decidiran deixar de organizar as celebracións. Deste xeito, mantense a tradición no barrio, atendendo tamén ao seu interese turístico e ás peticións populares.
O alcalde participa na tradicional poxa das uñas de San Lázaro
19/03/2018 O alcalde, Martiño Noriega, participou esta mañá na tradicional poxa das uñas de San Lázaro, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro. O rexedor volveuse sumar así a esta festividade, da que o Concello é promotor por segundo ano consecutivo.
O alcalde participou activamente na poxa e conseguiu levar un lote de uñas. Foron moitas as persoas que asistiron a esta cita tradicional, entre elas moitos hostaleiros e hostaleiras que nestes días ofertan uña nas súas cartas. De feito, o Concello e e Asociación de Hostalería promoveron a Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro, á que se sumaron 22 locais dende o venres e ata hoxe. Moitos dos establecementos están no barrio, pero tamén se sumaron á iniciativa restaurantes localizados noutras zonas da cidade.O Concello volveu ser este ano promotor da Festa das Uñas, despois de que en 2017 os integrantes da comisión de festas decidiran deixar de organizar as celebracións. Deste xeito, mantense a tradición no barrio, atendendo tamén ao seu interese turístico e ás peticións populares.