ALCALDÍA

Santiago e Cuba reafirman os seus lazos de amizade

09/02/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín Gómez, quen asinou no Libro de Honra do Concello. O diplomático chegou acompañado do consul xeral de Cuba en Galicia, José Antonio Solana. A continuación, o rexedor e o embaixador dirixíronse ao Parque Eugenio Granell, onde realizaron unha ofrenda floral na escultura do escritor e político cubano José Martí.

Cómpre lembrar que a escultura de José Martí foi reposta o pasado mes de decembro, despois de ter sido atopada en moi mal estado no Castiñeiriño e tras un traballo de forxa e recuperación. Esta peza fora a elixida para conmemorar o irmandamento de Santiago de Compostela con Santiago de Cuba en 1995.

Compartir: