XUNTA DE GOBERNO

O Concello destina máis de 600.000 euros ao mantemento de edificios e instalacións municipais

02/02/2018 O Goberno destinará máis de 600.000 euros á conservación e mantemento de edificios e instalacións dependentes do Concello, e desa cifra máis de 400.000 euros serán para actuacións en centros educativos. Así se recolle na prórroga do contrato coa empresa Espina y Delfín, que hoxe aprobou a Xunta de Goberno.

A prórroga do contrato será polo prazo dun ano, e en total suporá un investimento de 630.000 euros. Desa cantidade, o departamento de Educación recibirá 418.000 euros para as obras de mantemento dos centros escolares. Tamén haberá 80.000 euros para actuacións nos Servizos Xerais Municipais, preto de 70.000 para actuacións nas instalacións deportivas, e case 45.000 para obras en centros e locais socioculturais.

Obras en Lamascal
A Xunta de Goberno de hoxe tamén aprobou o proxecto de ampliación e mellora da plataforma de rodadura do viario de acceso á parroquia de Lamascal. A actuación custará case 145.000 euros, e terá un prazo de execución de dous meses.

Por último, na Xunta de Goberno de hoxe acordouse informar favorablemente da ampliación unha hora do horario de peche dos establecementos de hostalería nas noites que van do 8 ao 18 de febreiro (festas do Entroido), e nas noites que van do 22 nas noites que van do 22
de marzo ao 1 de abril (Semana Santa).

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: